10 aniversario da Gentalha do Pichel

10 aniversario da Gentalha do Pichel  A Gentalha do Pichel está de aniversario e alí estaremos para celebrar os 10 anos dun espazo de referencia para a vida asociativa e cultural de Compostela!
Un espazo que fixo tamén a súa aportación á constitución do Centro Social Autoxestionado do Sar tanto cos concertos que alí fixemos para financiar o acondicionamento da casa como coa axuda, consellos e ideas aportadas pol@s compañeir@s.
Dende hoxe, ao longo de toda a fin de semana, poderedes disfrutar dun programa cheo de cousas ben interesantes, vémonos na Rúa Santa Clara nº21

http://gentalha.org/

Advertisement

Asemblea contra a Lei de Seguridade Cidadá

lei mordaza
Dende a Asemblea Aberta convocan para este xoves 23, ás 19.00h, unha asemblea contra a lei de Seguridade Cidadá no CSA do Sar, dirixida a entrar en contacto con colectivos ou individuos da cidade co fin de artellar unha mobilización contra a aprobación da lei, aqui vos deixamos a convocatoria e o evento:

Á espera da inminente aprobación da lei de Seguridade Cidadá (finais de este mes), dende a Asemblea Aberta quixéramos facer un chamamento para reunirnos en asemblea con todos os colectivos e persoas da cidade que estean preocupados por este tema. O obxectivo sería reflexionar e artellar unha resposta, unhas xornadas de confrontación, compartindo as diversas propostas de actuación de cada grupo, así como as que poideran xurdir conxuntamente.

A falta de tempo para decidir o lugar e data, propoñemos e convidamos a vir o próximo xoves 23, as 19:00h no CSA do Sar (Rúa Curros Enriquez nº28, Compostela)

https://www.facebook.com/events/248547835307298/?ref_newsfeed_story_type=regular