http://www.ivoox.com/ondas-do-carcere-ccss-compostela-audios-mp3_rf_2860330_1.html?autoplay=1 Para as que queiran saber máis sobre o nacemento deste proxecto, aqui tedes a entrevista que as compañeiras do Ondas do Cárcere de Cuac FM da Coruña nos fixeron o pasado venres 21 (min. 37.25), nun programa sobre os centros sociais de Compostela no que saen tamén as compañeiras da Gentalha do Pichel e do C.S.O. Casa do vento.
Ondas do cárcere é o programa de radio do Proxecto Cárcere (http://proxectocarcere.blogaliza.org/), plataforma creada a prol da transformación da Prisión Provincial da Coruña, un espazo de represión, noutro representativo da convivencia libre, onde primen os usos sociais, culturais e educativos e onde a memoria histórica estea sempre presente. Grazas ás compañeiras polo interese e agardamos voltar vernos!
Mes: Febreiro 2014
Entroido no Sar!
Este sábado 1 a partir das 13.00h comeza o entroido na Casa do Sar con pasarrúas, música e xantar! vide co disfraz ou de choqueiros, logo sacaremos o meco á rúa ata noite pechada!
Para o xantar teremos laconada (haberá alternativa vegana), lembrade facer a vosa reserva antes do xoves 27 no 668804667, o precio será de 8€
Xornada de presentación da moeda social Landra
O sábado 22 a partir das 11.00h teremos a Xornada de presentación da Landra, a moeda social coa que comezará a funcionar o C.S.A. do Sar, de man do Proxecto Integral Compostela – PIC. Haberá tamén un mercadiño social, presentación do PIC e un xantar comunitario
Timba Poétika no Sar
Este venres 21 ás 21.00h disfrutaremos da Timba Poétika da man do comando esbardalle (http://esbardallepoetico.tk/), teremos tamén uns petiscos para amenizar a noite, animádevos a vir!
Faladoiro polo dereito ao aborto
Xornadas da cultura Xorda
Estamos moi contentxs de anunciar esta nova actividade no CSA do Sar!
Este venres 14 poderemos asistir de 16h a 17h a unha introducción á cultura Xorda a cargo de Ana Senra, profesora de lingua de signos e membro da comunidade Xorda.
Ademáis, o próximo venres 21, tamén ás 16h, a profesora de LSE e intérprete Irene Rivas impartirá unha aula de introdución á Lingua de Signos Espanhola.
Esperámosvos a todxs neste venres temáticos, que nos permiten unha achega a unha cultura abraiante, moi próxima pero relativamente desconhecida. Ademáis, aprender algúns signos básicos en LSE amplía o noso potencial de comunicación e nos posibilita aprofundir nesta cultura!
Animaivos!
https://www.facebook.com/events/688485921204277/?previousaction=join&source=1