Contra o desaloxo do CSO Palavea. En defensa dos espazos liberados. SÁBADO 29 ás 19:00 no Obelisco, A Coruña.
Mes: Marzo 2014
Contra o desaloxo do CSO Palavea!
Queremos amosar a nosa solidariedade co CSO Palavea que hoxe foi desaloxado. Hoxe ás 20.00 concentración contra o desaloxo diante do Obelisco da Coruña. dez, cen, mil centros sociais!!
“Hoxe, martes 25 de marzo, un desmesurado dispositivo policial desaloxaba o Centro Social Okupado de Palavea. Decenas de furgonetas de antidisturbios, apoiadas por coches da gardia civil, asaltaban ás 7:30 da mañá o inmoble dando fin a case tres anos de autoxestión, compromiso e rebeldía. No momento do desaloxo unicamente durmía no lugar unha persoa, unha muller desafiuzada poucos meses antes da súa vivenda e que, abandoada polas institucións, atopara acubillo no noso Centro Social.
O pasado luns 17 rematara o prazo concedido polo xulgado para abandoar o edificio pero, pese ao específico da sentenza, a policía preferiu desgastar aos resistentes durante máis dunha semana antes de executar a orde.
Tras varios anos de rebelde existenza, finalmente conseguiron rematar coa inmensa insolencia que supón a existenza dun espazo liberado das poutas do capitalismo e da xerarquía para devolvelo ao redil do mercado.
Pero, como prometéramos, as súas agresións terán resposta nas rúas:
HOXE,ÁS 20:00h, CONCENTRACIÓN CONTRA O DESALOXO DIANTE DO OBELISCO.
Porque os espazos liberados son ferramentas de transformación social coas que combater o sistema de dominación. Vémonos nas rúas!!
DEZ, CEN, MIL CENTROS SOCIAIS
UN DESALOXO OUTRA OKUPACIÓN!!!”
“O Ouro de Salave: Minaría, especulación e resistencias”, documental e coloquio sobre megaminaría
O sábado 29 de marzo teremos ás 19.30 visionado do documental “O ouro de Salave” e coloquio sobre megaminaría co compañeiro Charlie “Patillas”, da plataforma ‘Oro No’ de Asturies.
Esta actividade está coorganizada por: Gentalha do Pichel, Adega e C.S.A. do Sar.
Este documental, de José Alberto Álvarez, visualiza parte das cuestións tratadas no libro homónimo no que se analiza a chegada da febre do ouro por parte de multinacionais a espazos como Asturies ou outros territorios e a necesidade de resistir e oporse a eses proxectos que constituem unha ameaza para a Tapia de Casariego en particular e o resto de espazos ameazados por proxectos similares en xeral.
Posteriormente haberá unha charla-coloquio onde poderemos intercambiar opinións sobre os procesos similares que estamos a vivir en Asturies e na Galiza
A Plataforma ‘Oro no’ loita contra a apertura dunha devastadora mina de ouro na vila de Salave por parte da empresa Asturgol. reivindican o dereito a contiuar a vivir da pesca, da gandeiría e a conservar o patrimonio natural e paisaxístico. A mina de ouro destruiría todo iso.
Encontro de horta urbana e troco de sementes no CIAC de Belvís
ENCONTRO DE HORTA URBANA E TROCO DE SEMENTES:
Achégate o sábado 22 de marzo ao Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), no parque de Belvís.
Organizan: CIAC e Rede Galega de Sementes, Horta Comunitaria de San Pedro.
– 11:00 Apertura da mesa de Troco de Sementes (aberta ata as 19:00, con pausa para xantar).
– 11:30 – 13:00 Ioga para labreg@s. Como traballar a terra sen mancarnos, con Mavi Oliva
– 13:00 – 14:30 Roteiro polo Sar: descubrir as brañas, o río, as hortas… e máis sorpresas do Sar.
– 14:00 – 16:00 Xantar. Achega o teu xantar, haberá espazo e comida para compartir.
– 16:00 – 17:00 Café de encontro. Ao redor de infusións da horta, té e café; coloquio encol da horta en Compostela
– 17:00 – 17:30 Taboleiro de anuncios. Buscas terra e ofreces coñecementos de remedios naturais?; precisas axuda na horta e ofreces parte da colleita?; durante todo o día disporás dun taboleiro “Busco-oferto” e nesta media hora aproveitaremos para coñecérmonos!
– 17:30 – 18:30 Obradoiro de manexo da biodiverside no pequeno horto. Extraccion de sementes. Edgar.
– 18:30-19:30 A xestion comunal da terra. Foro ao redor do monte comunal.
achegádevos!
Solidariedade co C.S.O. Palavea!
O vindeiro luns 17 de marzo remata o prazo para abandonar o edificio do Centro Social Okupado de Palavea, a partir dese momento poderá ser desaloxado. Ante esta situación dende o C.S.A. do Sar facemos un chamamento a solidarizarse co espazo liberado acudindo o luns 17 ás 10:00 á porta do C.S.O. a resistir contra o desaloxo!
deixámosvos aqui o comunicado da asemblea do centro social:
“Dende a asamblea do CSO Palavea queremos difundir o seguinte comunicado:
O Xulgado acaba de fixar a data límite para que abandonemos o edificio do Centro Social Okupado de Palavea. O vindeiro luns 17 de marzo a partir das 12 hs a policia nacional poderá desaloxar este espazo liberado que moitos de vos coñecedes.
Dende a asamblea da okupa facemos un chamamento ós rebeldes e solidarios a que veñades a resistir connosco contra os envites do capitalism
o depredador, na súa procura de rematar co noso proxecto autoxestionado en aras da especulación urbanística e dos intereses financeiros dos ricos e poderosos. Por iso chamamos a ACUDIR O LUNS 17 ÁS 10:00 Á PORTA DO C.S.O. PALAVEA A RESISTIR CONTRA O DESALOXO deste o noso (e o voso) espazo liberado.
Para festexar a nosa rebelde desobediencia desenvolveremos dende agora e ata rematar esta fin de semana as Xornadas de Resistencia, con variadas actividades lúdicas, concertos, encontros e palestras. E xusto ao remate das mesmas, na mañá do luns, prantaremos cara xunt@s aos envites da xustiza do capital.
OKUPAMOS E RESISTIMOS
CONTRA O ESTADO E O CAPITAL, LOITA SOCIAL!!!”
Xornada de traballo no Sar
Este mércores 12 de marzo a partir das 16.30h temos xornada de traballo no Sar! seguiremos acondicionando o piso de arriba e comezaremos a arranxar e limpar o xardín para poder facer actividades fóra canto antes e aproveitar este bo tempo!
Todas as actividades no C.S.A. do Sar son abertas, asi que se queredes botar unha man coñecer o centro social se aínda non o coñecedes non dubidedes en achegarvos! E se non podedes a esa hora, recordade que ás 20h comeza o obradoiro de reciclaxe
Obradoiro de reciclaxe
Este mércores 12 de marzo ás 20h. temos un moi interesante obradoiro de reciclaxe! Se tes na casa cartóns, xornais vellos, pinturas, tesoiras, cola branca… podes achegalo e aproveitalo nesta actividade. O obradoiro será impartido tamén en linguaxe de signos (LSE) para que tod@s poidamos desfrutar del. Se queredes aprender a reutilizar e aproveitar as vosas cousas para decoración, escenografía, etc. achegádevos, é de balde! vémonos na casa do peixe!
Curso de iniciación á danza oriental
Este sábado comezamos co curso de iniciación á danza oriental da man de Maika Nalla! impartirase os sábados de 12.00h a 13.00h e será de balde. Pregamos ás persoas asistentes que traiades unha esterilla.
Se queredes máis información podedes contactar no 699040482 ou no enderezo electrónico maikanalla@gmail.com.