2018-2019

Asemblea de Xestión do Centro Social: Tódolos Luns ás 20:30. É aberta, podedes vir conhecernos, propor actividades ou conhece-lo espazo!

Obradoiro de Iniciación á Talla en Pedra: Tódolos luns de 17h a 20h.

Aulas de Gaita (iniciación): Todos os mércores ás 20h. Só precisas unha flauta como as do cole!

Acroioga Sororo: espazo non mixto (só para mulleres e identidades non binarias, libre de homes sexan cis ou trans). Tódolos Xoves de 17.30h a 20h. Ademáis, existe a posibilidade de abrir outros grupos, así que se este horario non che vai ben contacta co CSA ou con @StretchingMindsAcroYoga

Grupo aberto de Pandeireta: Tódolos Xoves ás 20h. Para tódolos niveis! E se non tes pandeireta, podemos prestarche unha!

Espazo de Experimentación Musical: espazo non mixto. Tódolos Venres de 16h a 19h. Comeza en novembro.

Local de ensaio:  Os horarios están supeditados ó resto de actividades do CSA. Se queres utilizalo, contacta connosco a través do correo!

 

Se queres organizar algunha actividade pásate pola asemblea, e se non podes, contacta connosco a través do noso correo electrónico: csadosar@gmail.com

*Nota: Todas as actividades son de balde!

Advertisement