3ª Festa de Aniversario comentada por PunKostela

Ola xente.

Deixámosvos o enlace ao mellor resumo da festa de aniversario feita polo colectivo de axenda cultural  PunKostela.

http://punkostela.wixsite.com/punkostela/single-post/2017/01/24/Benvida-%C3%A1-sociedade-paralela-da-Casa-do-Peixe

E o cartel das mesmas para que botedese un ollo a todas as actividades.

15966268_705206389642570_2581378148250848987_n

Benvida á sociedade paralela da Casa do Peixe

January 24, 2017

Escolle pagar cinco euros pola entrada do garito e outros sete por unha copa de garrafón. Escolle escoitar música repetitiva e absurda que non fala de nada pero que é omnipresente por culpa dunha industria podre de millóns. Escolle que un tipo grande te mire por riba do ombro e non te deixe pasar se os teus zapatos non lle parecen o suficientemente caros. Escolle ter conversas absurdas sobre temas superficiais que non che importan con xente que non che aporta nada, a berros baixo as luces epilépticas dunha gran discoteca. Escolle perpetuar o comportamento heteropatriarcal garrulo e non pagar se es unha moza para te converteres no producto á venta. Escolle perder o tempo e voltar á casa coa carteira e a cabeza baleiras, lamentando esta merda de noite igual que as demáis. Escolle facer o de sempre coa marea de xente á que nunca lle deu por reflexionar, preocuparte polo que vas levar posto e sentirte insegura por culpa dun canon de beleza que atafega o verdadeiro atractivo das persoas. Escolle ser unha máis na engranaxe dunha sociedade enferma e inactiva.

Ou non.

Hai outras vidas dispoñibles en Compostela. Escolle ir aos centros sociais autoxestionados. Podes comprar unha birra por un euro e que ese euro vaia parar á organización dun obradoiro. Podes escoitar en directo música que plante na túa cabeza a semente da revolución. Podes participar nas asambleas abertas para que outra xente escoite as túas ideas, porque aquí está permitido ter ideas. Ou podes ficar cos cóbados na barra de madeira do CSA do Sar e escoitar as conversas dos colegas aos que si lles deu por reflexionar. E entón vas aprender sen darte conta, vas ouvir debates, proxectos, ideas de obradoiros, de xuntanzas, ideas de cambio e xustiza social. E a ninguén lle importará un carallo a marca das puñeteras zapatillas. Benvindo á sociedade paralela dos centros sociais.

Esta semana pasamos moito tempo no CSA do Sar e fíxosenos curto. Acabamos coas súas existencias dúas veces e o sábado tivéronnos que botar ou de alí non saiamos. A Casa do Peixe ten unha atmosfera especial e está habitada por seres fermosos que logo te encontras na noite sempre a rir nos nosos locais favoritos de Compostela. E algunha que outra vez coincidimos na porta do Bartolo e poñemos patas arriba o sistema enteiro, porque é un gusto dar con xente que aínda cre en mudar o mundo. Pero é que neste CSA, aparte de crer, puxéronse mans á obra.

Un grupiño de xente inspirouse durante o movemento do 15M en Santiago e falou, falou moitísimo, tanto que comezou a sentir a falta dun lugar seu no que reunirse e pór en práctica tanta conversa. Conseguiron que lles cederan unha casiña cun peixe pintado alá no barrio do Sar e coas súas propias mans reformárona toda. Naceu da vontade de ofrecerlle a Compostela un espazo aberto para uso da veciñanza, os movementos sociais e a cultura e lecer alternativos. Esta semana celebraron o seu terceiro aniversario e que ben o pasamos por alí todos xuntos e revoltos.

 

O martes A Kalimera, radio libre de Compostela, deu a súa festa de reinauguración e encheuse a casiña de xente. O papel no que se foi construíndo comunitariamente a grella cubriuse de programas a unha velocidade vertixinosa, o rotulador voou de man en man, como as latas de cervexa, os reencontros e as conversas. O xoves o ritmo dub chamounos desde o alto da rúa como o cheiro dos pasteis nos debuxos animados grazas ao MaisLume Kolektive. Foi a introdución ao grande San Kanuto.

Recordo que de pequena, nas festas da aldea, era costume que os meniños da parroquia sacásemos a pasear a un neno Xesús de pouco tamaño para que estirase as pernas de madeira arredor da minúscula igrexa. Os esforzos da banda de gaitas e dos tamborileiros por marcar o paso eran inútiles, pois sempre lle induciamos á procesión un apuro innecesario que acababa co cristo feito un cristo e a risa xorda nos rostros dos veciños. Xa de adolescente descubrín, non moi lonxe do meu lugar, a procesión do San Pipote. Recoñezo que a patosidade no paso xa non era problema da impaciencia infantil, senón do beberaxe que alí se veneraba. Un cristo, un pipote de viño e un canuto. Parece ser que a procesionalidade adquire tintes maiúsculos co paso dos anos.

A maniFESTAción do pasado 19 de xaneiro, convocada por A Xuntanza Antiprohibicionista foi espectacular. Gustaríame mencionar a todos e cada un dos membros do Bloco da Escola Prucupá, pero non sabería como. Así que agradezo de maneira colectiva o que alí pasou. Gracias por aturar o frío, por non perder nin ritmo nin sorriso e por gozalo tanto ou máis que os que iamos detrás. Dende aquel día teño conxelado o momento, posiblemente pola sensación térmica de -20º que nos acompañou durante todo o camiño. Pero alí estivemos, de principio a fin, da CSA do Sar á praza do Toural, co ritmo no corpo, nos pés, nas mans case mortas, nos narices vermellos, nos ollos chorosos, na calma. Un estado mental que non se aprecia estando sobria; un momento para estar ben e deixarse ser. As rúas case baleiras de Santiago aparecían de súpeto vivas, con esa cálida cor que crean as luces nas pedras. Nas paredes retumbaba a percusión, un berro mudo que acompañaba as pisadas dos que alí nos reunimos para marchar pola legalización das drogas. A pancarta de “Drogas Ceives, nin multas nin prisión” comandaba a procesión, seguida por un San Kanuto revolteiro que animaba á marcha pola súa propia liberdade.

O vermello da percusión do Trópico de Grelos movíase nun temperado vaivén, sobor dunha chalana que surcaba as ondas afastábame eu desta realidade que a veces costa tanto crer. Existe a felicidade? A min non ma ensinaron, así que tiven que saír a buscar a miña propia fe. E non creo que exista nada malo en todo isto, en tanto que o consumo se sustente nunha lexislación axeitada, non na represión do consumidor. Isto é o que pretenden transmitir desde A Xuntanza Antiprohibicionista, e así o plasman no seu manifesto, que podedes ler íntegro aquí.

O venres os habitantes da Casa do Peixe pasárono de vicio entre a arte máis xenuina do PoetiSar. Pasárono tan ben que xa andan pensando en repetir. O sábado flipounos o ben que soan ás veces os concertos underground; encheuse o soto de xente, de crestas, pogos e bo humor coa actuación de Hernia Eskrotal e a jam session/karaoke máis divertida da historia cos Pequena Morte (noraboa ás artistas que berraron ao micro o moito que lles gusta ser unhas zorras).

La petite morte é como os franceses chaman aos orgasmos. E nós tivemos un orgasmo ao ver a tanta xente facendo parte desta festa libertaria, autoxestionada e gostosamente concienciada.

Xente de Compostela, isto é un chamamento. Xente de Compostela, ide participar das actividades dos centros sociais. Escollede unha vida participativa, unha cidade viva, unha veciñanza activa e aprendede como nós a deixarvos convencer por quenes conservan a esperanza dunha sociedade diferente, asamblearia e sen ánimo de lucro. Unha xuventude que loita é unha xeración salvada.

 

Advertisement

Entroido 2016

O turistren do entruido saiu a visitar as afamadas rúas de Compostela! Xa podía troar e zoupar o vento que os ánimos estaban caldeados para facer turismo e de paso liberar unhas cantas monxas mercedarias, sen olvidarnos de enterrar este novo meco que temos. Os Centros Sociais voltaron a animar o subsolo da cidade, poñendo boa cumbia, lume a fartar, e como non podia ser menos, un ave de cercanías: o Turistren!

Veliván unhas poucos fotos para rememorar o convite. Dende o Peixe, como somos algo nostálxicos, metemos un par de fotos do entroido do 2015. A ver se sabedes cales son!

Concurso de Deseño

O CSA do SAR convoca un concurso de deseño para logos, camisolas e chapas. Buscamos xente creativa coma tí!

Envía as túas propostas en formato .pdf e tamaño A3 a csadosar@gmail.com. As propostas recibidas vanse a expoñer o día da festa de aniversario da casa do peixe, onde se votarán as tres mellores, que serán os modelos escollidos para facer todas as chapas, camisolas e logos do ano que ven. Tendes ate o 4 de Decembro para enviarnos un deseño orixinal! Animádevos a participar!

cartaz desenho1

 

Presentación de 8LuasCheaS 14 de Novembro

FB_IMG_1446502801422

*14 de Novembro*
17:00*Apertura de Portas
18:00*Presentación da 8 Lúas Cheas Asociación
20:00*Pinchada a cargo dos grandes MaisLume Kolektive
*Vispo Spoke Selectoh
*Susto Luscofusco
Artistaszo Invitado * Om Shanti Crespo
*Micro aberto*
22:00*Ceador Vegano
Durante toda a xornada haberá
* Mercadillo Solidario de 2ºMan *
Os beneficios iran destinados a * 8 Lúas Cheas Asociación
*CSA do Sar*
Facemos un chamamento e convidamos a todas cantas persoas e asociacións estan involucradas contra o maltrato,abandono animal e reaccion/resposta/emerxencias

8 Lúas Cheas Asociación- Reaccion*Resposta*Emerxencias-

Habera venda de Rifas para o sorteo das 3 cestas animalistas
en beneficio da Asociacion 8 Lúas Cheas
Contido Literario,Audiovisual,Coidado persoal e animal sen sufrimento Animal nin humano,Alimentario e moitas outras sorpresas Bonos Cena Vegana para dous no A Corredoira Bodegon e mais!!!!!!Estades Todas convidadas a vires
Esperamosvos!!!!!!!
No CSA do Peixe!!!Rua Curros Enriquez nº28
*Apertura de portas 17:00*
¡¡¡¡¡Entrada de Balde!!!!!

QUE É 8LÚASCHEAS E A QUE SE DEDICA??

A idea xorde de observar que, realmente, cando xs nosxs amigxs peludxs tenhen unha emerxencia ou un problema, non sabemos a onde acudir. Dende 8LúascheaS pretendemos crear unha rede solidaria de apoio e resposta ante ditas emerxencias veterinarias.
COMO??
Creando unha rede de centros veterinarios e tendas especializadas que colaboran coa Asociación, recaudando fondos mediante botes e doacións para costear os custos da emerxencia, prestando formación para saber cómo actuar ou a onde acudir ante determinadas situacións, denunciando situacións que ponhan en risco ós animais, etc…

En resumo, o que pretendemos é actuar con rapidez e eficacia ante calquer dano que podan sufrir xs nosxs companheirxs, prestando todo o apoio preciso para que tanto elxs coma nós podan superar a situación o máis facilmente posible.

Porque non ter recursos non debe ser un impedimento. Porque temos dereito a vivir tranquilxs cos nosxs pequenxs. E así, se pasa algo, non estaremos sós!

Festa de Outono dos Centros Sociais

Sexta feira 6 de novembro
17h00: CSA de Sar: Rúa Curros enriquez, 28
Elaboraçom de cabaças de samaín e obradoiro de disfarces

Sábado 7 de novembro

12h00: CSA de Sar: Rúa Curros enriquez, 28
Sessom vermute com foliada

15h00: CS O Pichel: Rúa Santa clara, 21
Jantar de outono: guiso de vegetais, creme de cabaça e sobremesas de outono

17h30: Ítaca: Rúa do pombal, 18.
Contacontos e jogos populares

20h30: CSOA Escárnio e Maldizer: Rúa algalia de riba, 11.
Actuaçom: As tres nebrosas apresentan “Aturuxo conachil”

22h00: Praça 8 de março
Magusto com foliada, traz o teu instrumento e soma-te a festa
Haverá empada e se chove teremos carpa

Iremos de pasarúas com música de centro social en centro social

Magosto centros sociais

Así foron as II Xornadas Micolóxicas no CSA do Sar

II Xornadas Micolóxicas no CSA do Sar

O martes que ven iniciamos as II Xornadas Micolóxicas:

Curso de iniciación a micoloxía. Os días Martes 27 e Venres 30 de Outubro ás 20,00  no CSA do Sar (Casiña do Peixe).
Saída e degustación micolóxica. O Sábado 31 sairemos ao monte. Pola noite limparemos os cogomelos e faremos unha degustación. Saída ás 10,00 desde CSA do Sar. Traede roupa de choiva e comida para comer no monte.
CSA do Sar: Rúa Curros Enriquez nº 28

cartazCSA