Este Sábado 21 comezan as Xornadas Feministas no Csoa Escarnio E Maldizer, con unha dinámica de empoderamento só para mulheres ás 11h, xantar e convívio só para mulheres ás 14h, e un espazo mixto ás 19h para debatir sobre o feminismo.
Novas
Non ao derrubo da Casa da Xuventude!
Marchas da Dignidade: Pan, Traballo e Teito. Manifestación Mércores 25 ás 20.00
O Xoves 26 de Febreiro folga estudantil. Manifestación ás 11:30 dende a Alameda
Dende o C.S.A. do Sar apoiamos a folga estudantil na defensa dunha educación para todas e contra a privatización do ensino.
“Estudantes de Compostela! Estades chamados a formar parte da manifestación que marcará un punto de inflexión da situación do noso ensino.
Estamos fartas xa de reformas que só poñen trabas ó acceso ó ensino, da desgaleguización que sufren as nosas xeracións por culpa das políticas educativas, da entrada de empresas nos nosos institutos e facultades.
Ante esta situación a resposta é clara: resistencia, unidade e loita!
Ás 11:30h na Alameda o día 26! #Folga26F”
Xornada antirrepresiva no CSOA Escárnio e Maldizer en solidariedade co Caso Pandora
Este mércores, 25 de febreiro o Csoa Escarnio E Maldizer acolle outra xornada antirrepresiva. Dará comezo ás 20:00 e constará de:
– Charla sobre a represión en Italia.
– Concerto de Sud Disorder (hxc – Italia) e Balbordo Público (afropunk – Compostela)
Xornadas Antirrepresivas: Tecendo Solidariedade
Este sábado 13 no CSA do Sar acolleremos as “Xornadas Antirrepresivas: tecendo solidariedade” que organizan conxuntamente as compañeiras de Stop Desahucios Santiago de Compostela e do C.S.O. Palavea da Coruña. As xornadas desenvolveranse no C.S.O.A. Escárnio e Maldizer (rúa algalia de arriba 11, Compostela) e no C.S.A. do Sar (rúa curros enríquez 28, Compostela). Os cartos que se recaden irán destinados a axudar a asumir as multas que veñen de sufrir as activistas de Palavea a raíz do seu desaloxo e facer un peto de resistencia ante posibles multas para Stop Desahucios a raiz do desafiuzamento de Aríns. non faltedes!
Concentración Stop Desahucios Compostela: Polo dereito aos servizos básicos
Stop Desahucios Santiago de Compostela convoca unha protesta o día 20 xoves ás 11 da mañá fronte ao Concello de Ames, contra a súa nefasta xestión e, en particular, a concellería de Asuntos Sociais.
A orixe da protesta é o corte de subministro de auga que se realizou a pasada semana a varias familias. Cada vez que existen impagos de tres recibos, a empresa concesionaria (Espina y delfin) remite nota ao Concello e o Concello nunca contesta, de modo que cada tres meses “Espina y delfín” procede aos cortes por silencio da concellería de Asuntos Sociais.
Dende o noso punto de vista, a concellería debería levar rexistro de cales son os casos de familias con dificultades económicas extremas e proceder a condonar o recibo de auga, toda vez que non realiza outras axudas de tipo económico.
Stop Desahucios acudíu o pasado venres a xestionar a reposición de auga a unha veciña de Milladoiro con menor ao seu cargo e que está desasistida totalmente por Asuntos Sociais. Dita oficina sabía que ían cortarlle o auga, pois así llo anunciaran, mais non fixeron nada por impedilo.
Activistas de Stop Desahucios, dirixíronse entón á empresa concesionaria a cal accedeu a conceder unha prórroga para o pago dos recibos e restableceu o subministro de auga a media tarde
Dende Stop Desahucios queremos denunciar a actitude de prepotencia e irresponsabilidade da concellería en cuestión, pois non só nos recibíu nun corredor, senon que se desentendeu totalmente do problema, aduciendo que non era da súa competencia.
Sairán carros de Santiago ás 10.30h dende o CSA do Sar (r/Curros Enriquez, nº28)