Escola Social de Verán, o 23 de Xullo no CSA do Sar

10553482_318523621644184_6453418036355985241_n

 

A semana que ven, día 23, teremos o pracer de acoller no CSA do Sar a Escola Social de Verán organizado polas compas de Baladre!
– 15hs. Xantar popular
17-20:30hs. Sesión de traballo sobre o direito a decidir sobre os nosos corpos, vidas e territorio.
Dinmica de presentación das participantes
Traballo en pequenos grupos
Socialización, debate en grupo grande e conclusións


“Escola Social de Verao, em movimento: Sempre em Paro, nunca PARADAS!


Ao longo dos trinta anos de existência do espaço de coordenaçao Baladre, as gentes que o conformamos sentimos a formaçao como algo central nas nossas formas de fazer política. Formar-nos entre iguais para compreender e atuar, compartir as nossas preocupaçoes e aprofundar nas análises sobre as nossas realidades. 


Este verao, voltaremos a pôr em marcha esse espaço auto-gestionado de conhecimento mútuo, relaçao e reflexao para a açao social em forma de Caravana-Marcha, entendendo que viajar e parar-nos a pé de rúa pelos diferentes territórios onde dia a dia articulamos as nossas lutas anticapitalistas e antipatriarcais é uma experiência vivencial sem igual. Desta volta, estaremos pelo norte da península, enredando com gentes inquietas desde Barakaldo até o bairro de Coia, em Vigo, durante os dias 20 ao 24 de julio.

Concretamente, em Galiza estaremos os dias 23 e 24 reflexionando sobre o direito a autoderterminaçao dos nossos corpos, vidas e territórios e tratando de conhecer mais de perto a situaçao de repressao e criminalizaçao dos movimentos sociais para pensar juntas estratégias de colaboraçao e apoio internacionalista. Também os processos de gentrificaçao e expulsao da populaçao empobrecida nos centros urbanos submetidos à logica e aos interesses especulativos, como está a passar em Vigo, ou as agressoes ao direito básico de acesso à vivenda e aos espaços públicos, que se está a viver no bairro de Carranza em Ferrol, nos interpelam a buscar respostas conjuntas de resistência.

Convidamo-vos pois a participar nestas jornadas que em Compostela se desenvolverá no CSA Casa de Sar, com o seguinte programa:

– 15hs. Jantar popular
– 17-20:30hs. Sessao de trabalho sobre o direito a decidir sobre os nossos corpos,    vidas e território.
– Dinâmica de apresentaçao das participantes
– Trabalho em pequenos grupos
– Socializaçao, debate em grande grupo e conclusoes

Para mais informaçao e programa completo da Escola Social: http://www.coordinacionbaladre.org/ “

Advertisement

Facendo cidadanía nas festas de San Pedro

http://praza.com/movementos-sociais/7450/facendo-cidadania-nas-festas-de-san-pedro/ Onte tivemos o pracer de estar no espazo cidadán das Festas do Barrio de San Pedro xunto coas compañeiras do CSOA Escárnio e Maldizer e o Proxecto Cárcere da Coruña, falando sobre autoxestión. Moitas grazas á comisión por ofrecer un espazo tan interesante onde tantas iniciativas puideron ter voz ao longo do día!10498381_10152509191619233_3066778142382260471_o

Novo espazo autoxestionado en Compostela na Algalia de Arriba nº11!

Imaxe

Hoxe 3 de abril dende as 18h na Algalia de Arriba 11, abre un novo espazo liberado en Compostela! deixámosvos a programación de hoxe e mais o comunicado d@s compañeir@s sobre o novo espazo cultural libre:


Horario do día 3:
18:30 -Asamblea aberta: debate sobre a necesidade de espazos abertos para todas
20:30 -“A rebeldía do corpo, a rebeldía da @” palestra impartida por Teresa Moure.
22:30 – Ceador vegano e foliada

 
“Que queremos facer?

Desde o ano 2011 o antigo local da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos sito na Rua da Algalia de Riba 11 permaneceu fechado. Un grupo
de persoas da cidade decidimos reabrir este espazo para o enchermos de
vida e de cultura, porque cremos que a cultura non debe permanecer fechada. Para reabrirmos, non contamos só con razóns culturais do noso lado, hai moitas outras. Esta acción non deixa de ser unha protesta contra a as elites sociais: políticos corruptos, construtores e grandes empresarios que mandan máis que estes últimos, unha policía que os defende a todos e unha xustiza que os ampara.

Contra quen?

Nos últimos tempos, a cultura en Compostela está a se tornar nun privilexio
das elites. A nosa sociedade está a experimentar unha crecente división entre persoas privilexiadas e escravas. Mentres as primeiras desfrutan dunha pomposa cultura elitista, ás segundas élles negado o dereito ao lecer: “ti és unha escrava, non se che perde nada no teatro, no cinema ou escoitando música, pasa a traballar!”. Mentres tiran os cartos en mausoleos como a Cidade da Cultura, nós queremos traer cultura á cidade; cultura libre e para todas. Para alén disto, vimos de sofrer o último gople contra as actuacións ao vivo nesta cidade, coas última normativa municipal que prohibiu todas as actuacións nos bares da zona vella. Queremos que os nosos pallasos sexan artistas, e non políticos empoleirados no Concello. Que non especulen coas nosas vidas: nin Pokémons, nin Currás nin Condes Drogas.

Para quen?

Este é un proxecto para todas: para as desafiuzadas, para as que non chegan a fin de mes, para quen non pode pagar os estudos, para as paradas, para as precarias, para quen non pode pagar os medicamentos, para quen vai ficar sen sanidade, para quen deixa a pel en fronteiras absurdas, para quen ten que abortar clandestinamente, para quen padece o abuso machista, para as explotadas sexualmente, para quen sofre a homofobia, para os excluídos e os marxinados, para todas as que somos como o poder non quer que sexamos.

Molestámoslles porque non somos como queren que sexamos.”