Centro Social Autoxestionado do Sar, na cidade de Compostela, onde colectivamente creamos un espazo aberto para os movementos sociais e para a cultura e o lecer alternativos.
O CSA do SAR convoca un concurso de deseño para logos, camisolas e chapas. Buscamos xente creativa coma tí!
Envía as túas propostas en formato .pdf e tamaño A3 a csadosar@gmail.com. As propostas recibidas vanse a expoñer o día da festa de aniversario da casa do peixe, onde se votarán as tres mellores, que serán os modelos escollidos para facer todas as chapas, camisolas e logos do ano que ven. Tendes ate o 4 de Decembro para enviarnos un deseño orixinal! Animádevos a participar!
Esta semana teresmo as primeiras Xornadas de bioconstrucción e autoconstrucción no Centro Social Autoxestionado do Sar. Comezaremos o venres 7 ás 20.00 coa introducción á bioconstrucción e á autoconstrucción, e ás 21.00 co filme “O Guerreiro da basura”. Seguiremos o sábado 8 ás 11:30 coa aula de sistema materiais: o cal e a madeira; e ás 16.30 coas prácticas: facer un banco e revocar unha parede
Este é o último cartaz de actividades do Centro Social Autoxestionado do Sar. Están tanto as que se prolongarán no tempo como as actividades especiais dun día ou finde semana. Estas terán tamén a súa propia difusión. Quedan algunhas actividades no aire por estar pendientes de confirmar, pero xa vos iremos informando.
Se queredes descarregar o arquivo para imprimir e axudarnos na distribución, é no seguinte link:
Mañá martes 14, o Proxecto Integral Compostela – PIC estará na Festa Aniversario do Mercado entre lusco e fusco (parque de Belvís), cunha mesa informativa ademáis de ofertar os seus produtos en moeda social.
Deixámosvos aquí o programa enteiro do 4º aniversario do Lusco e Fusco e parabéns @s compañeir@s!
“Martes 14 de outubro, no parque de Belvís de 17 a 22 h
A MAIORES DOS NOSOS POSTOS HABITUAIS DE PRODUCTO DE HORTA, ELABORADOS, COMERCIO XUSTO E ARTESANÍAS… CONTAREMOS CON:
OBRADOIROS
– Fabricación bolas malabares e demostración. A partir das 5:30pm. Con Ethan
– Danza Africana. A partir das 6:30pm. Con Lali e percusión en directo.
ACTIVIDADES
– Encontro As Outras Educacións, Experiencias da Escola Semente de Compostela, por Sechu Sende, (profesor). EscolA Unitaria do Saltiño de Boiro por, Susana Couso (mestra), membro de Nova Escoola Galega e Experiencia Educativa inspirada na Pedagoxía Waldorf por Eva Fernández(mestra). Moderadores Angel S. Martínez de GongG, per la Defensa dels Drets Humans i dels Pobles. As 7:00pm no CIAC (Centro de Interpretacion de Compostela). En caso de chuvia, senon será no mercado.
– “Intercambio” en “Landras”, moeda social en Compostela. PIC (proxecto integral compostela).
ACTUACIONS, A partir das 8:30pm.
– Foliada.
– Escola Prucupá, escomenzando un novo ano.
– Maureen Kinnear, acompañada da súa guitarra.
Para acompañar a boa música podes consumir na Taberna – degustación cos nosos produtos. Esperamoste !!”
Compostela, 23 de setembro do 2014.
Stop Desafiuzamentos recompilou e valorou na súa xuntanza desta semana a dimensión represiva do roubo organizado da casa da familia de Aríns, expulsada á rúa por Policía e Xulgados, e considera á luz de todas as probas testemuñais e audiovisuais que a actuación policial resultou desproporcionada, procurando unicamente a propia satisfacción e disfrute dos axentes presentes nos adros da parroquia compostelá, a través dun lamentable teatro de violencia policial.
O saldo final, con sete persoas identificadas arbitrariamente e a detención irregular da persoa responsábel da negociación coa outra parte e coa Comisión Xudicial, non esgota en si mesmo a dimensións dos feitos. Ameazas e provocacións diversas por parte dos axentes como “si te comportas como un animalito te vamos a dar palito”, “tú no eres un hombre, seguro que tienes gatillazos en la cama, yo nunca tuve un gatillazo”, “no te pases de listillo”, “si tú utilizas el arma más potente de todas que es la palabra nosotros utilizaremos nuestras armas reglamentarias”, “te la vas a cargar con 3000 euros”, así como diferentes malleiras ás solidarias presentes, moitas delas con contusións, debuxan un panorama no que o Delegado do Goberno de Galicia, Samuel Juárez, debe asumir absolutamente toda a responsabilidade.
Como é posible que detiveran e estea acusada unha das dúas persoas autorizadas polo mando policial para mediar no conflicto? As imaxes que recolleron a prensa e os medios son o suficientemente explícitas como para concluír que houbo abuso de autoridade, detención ilegal e que a determinadas autoridades e axentes policiais lles estorban os mediadores.
Ningún discurso elegante xustifica que nesta etapa de degradación dos mínimos democráticos se pretenda repetir a parte máis escura da historia. Non nos enganemos, son exactamente os mesmos discursos que os auténticos criminais de guerra utilizaron nos xuízos de Núremberg “eramos funcionarios, cumpríamos ordes”. Así Policía, Comisións Xudicias, e profesionais como cerralleiros e asistentes sociais están utilizando este tipo de afirmacións para privar á poboación dun dereito fundamental, protexido xa pola xurisprudencia da Unión Europea, como é o dereito á vivenda. A inxustiza institucionalizada en forma de roubo masivo das vivendas xustifica amplamente a desobediencia da sociedade e das funcionarias e funcionarios públicos.
A estampa do Sr. Juárez tirando as culpas fóra nunha roda de prensa, cando está a sumar en cada conflito un historial de grave brutalidade policial contra a sociedade civil resulta lamentable. A imaxe da súa Policía atacando e agredindo a cidadás desarmados que exercen resistencia pasiva á súa violencia é sobradamente coñecida por todas e todos nós. Aríns non sendo un caso illado, non deixa de ter importancia. Non queda outra: é a hora de demandar a súa dimisión inmediata ou o seu fulminante apartamento do cargo.
Stop Desafiuzamentos aproveita a oportunidade para que se eviten enganos interesados, e advirte que a loita en defensa da casa de Carlos e María aínda non rematou. Agradece ante todo a mostra de dignidade e solidariedade do conxunto do pobo compostelán, expresadas das máis diversas maneiras, que fixeron que a familia sentise a calor impagable da colectividade. É a familia a que nos pide a día de hoxe que traslademos o seu profundo agradecemento por todas as mans e corpos solidarios que seguen a loitar o seu lado na defensa da súa vivenda, e así, do dereito a un teito para todas as persoas.