Novo espazo autoxestionado en Compostela na Algalia de Arriba nº11!

Imaxe

Hoxe 3 de abril dende as 18h na Algalia de Arriba 11, abre un novo espazo liberado en Compostela! deixámosvos a programación de hoxe e mais o comunicado d@s compañeir@s sobre o novo espazo cultural libre:


Horario do día 3:
18:30 -Asamblea aberta: debate sobre a necesidade de espazos abertos para todas
20:30 -“A rebeldía do corpo, a rebeldía da @” palestra impartida por Teresa Moure.
22:30 – Ceador vegano e foliada

 
“Que queremos facer?

Desde o ano 2011 o antigo local da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos sito na Rua da Algalia de Riba 11 permaneceu fechado. Un grupo
de persoas da cidade decidimos reabrir este espazo para o enchermos de
vida e de cultura, porque cremos que a cultura non debe permanecer fechada. Para reabrirmos, non contamos só con razóns culturais do noso lado, hai moitas outras. Esta acción non deixa de ser unha protesta contra a as elites sociais: políticos corruptos, construtores e grandes empresarios que mandan máis que estes últimos, unha policía que os defende a todos e unha xustiza que os ampara.

Contra quen?

Nos últimos tempos, a cultura en Compostela está a se tornar nun privilexio
das elites. A nosa sociedade está a experimentar unha crecente división entre persoas privilexiadas e escravas. Mentres as primeiras desfrutan dunha pomposa cultura elitista, ás segundas élles negado o dereito ao lecer: “ti és unha escrava, non se che perde nada no teatro, no cinema ou escoitando música, pasa a traballar!”. Mentres tiran os cartos en mausoleos como a Cidade da Cultura, nós queremos traer cultura á cidade; cultura libre e para todas. Para alén disto, vimos de sofrer o último gople contra as actuacións ao vivo nesta cidade, coas última normativa municipal que prohibiu todas as actuacións nos bares da zona vella. Queremos que os nosos pallasos sexan artistas, e non políticos empoleirados no Concello. Que non especulen coas nosas vidas: nin Pokémons, nin Currás nin Condes Drogas.

Para quen?

Este é un proxecto para todas: para as desafiuzadas, para as que non chegan a fin de mes, para quen non pode pagar os estudos, para as paradas, para as precarias, para quen non pode pagar os medicamentos, para quen vai ficar sen sanidade, para quen deixa a pel en fronteiras absurdas, para quen ten que abortar clandestinamente, para quen padece o abuso machista, para as explotadas sexualmente, para quen sofre a homofobia, para os excluídos e os marxinados, para todas as que somos como o poder non quer que sexamos.

Molestámoslles porque non somos como queren que sexamos.”

Advertisement

Xornada de traballo no Sar

Este mércores 12 de marzo a partir das 16.30h temos xornada de traballo no Sar! seguiremos acondicionando o piso de arriba e comezaremos a arranxar e limpar o xardín para poder facer actividades fóra canto antes e aproveitar este bo tempo!

Todas as actividades no C.S.A. do Sar son abertas, asi que se queredes botar unha man coñecer o centro social se aínda non o coñecedes non dubidedes en achegarvos! E se non podedes a esa hora, recordade que ás 20h comeza o obradoiro de reciclaxe

 

Entrevista ao C.S.A. do Sar en Ondas do Cárcere

http://www.ivoox.com/ondas-do-carcere-ccss-compostela-audios-mp3_rf_2860330_1.html?autoplay=1 Para as que queiran saber máis sobre o nacemento deste proxecto, aqui tedes a entrevista que as compañeiras do Ondas do Cárcere de Cuac FM da Coruña nos fixeron o pasado venres  21 (min. 37.25), nun programa sobre os centros sociais de Compostela no que saen tamén as compañeiras da Gentalha do Pichel e do C.S.O. Casa do vento.
Ondas do cárcere é o programa de radio do Proxecto Cárcere (http://proxectocarcere.blogaliza.org/), plataforma creada a prol da transformación da Prisión Provincial da Coruña, un espazo de represión, noutro representativo da convivencia libre, onde primen os usos sociais, culturais e educativos e onde a memoria histórica estea sempre presente. Grazas ás compañeiras polo interese e agardamos voltar vernos!

ondas do carcere cc ss compostela audio

Entroido no Sar!

1836762_596740913734760_2010564856_o

Este sábado 1 a partir das 13.00h comeza o entroido na Casa do Sar con pasarrúas, música e xantar! vide co disfraz ou de choqueiros, logo sacaremos o meco á rúa ata noite pechada!

Para o xantar teremos laconada (haberá alternativa vegana), lembrade facer a vosa reserva antes do xoves 27 no 668804667, o precio será de 8€

Xornada de presentación da moeda social Landra

xornada de presentación da PICO sábado 22 a partir das 11.00h teremos a Xornada de presentación da Landra, a moeda social coa que comezará a funcionar o C.S.A. do Sar, de man do Proxecto Integral Compostela – PIC. Haberá tamén un mercadiño social, presentación do PIC e un xantar comunitario

Xornadas da cultura Xorda

cartaz cultura xorda

Estamos moi contentxs de anunciar esta nova actividade no CSA do Sar!
Este venres 14 poderemos asistir de 16h a 17h a unha introducción á cultura Xorda a cargo de Ana Senra, profesora de lingua de signos e membro da comunidade Xorda.

Ademáis, o próximo venres 21, tamén ás 16h, a profesora de LSE e intérprete Irene Rivas impartirá unha aula de introdución á Lingua de Signos Espanhola.

Esperámosvos a todxs neste venres temáticos, que nos permiten unha achega a unha cultura abraiante, moi próxima pero relativamente desconhecida. Ademáis, aprender algúns signos básicos en LSE amplía o noso potencial de comunicación e nos posibilita aprofundir nesta cultura!
Animaivos!

https://www.facebook.com/events/688485921204277/?previousaction=join&source=1