O próximo mércores 4 de Febreiro ás 20h da tarde contaremos con Mark Brey, o autor do libro “La traducción de la anarquía. El anarquismo en Occupy Wall Street” para facer a súa presentación. O libro parte de casi dúascentas entrevistas que o autor realiza a participantes de Occupy Wall Street, para exponher o estudo deste movemiento popular analizando a súa motivación, contradiccións, tácticas, proxección…no contexto do ámbito antagonista norteamericano.
casa
I Xornada de Fotografía
Este sábado ás 16h teremos un obradoiro de cámaras estenopeicas, ou a arte de facer fotografías con unha caixa e un furado. Imos precisar: caixas de cartón, tesoiras, cinta illante da mítica e unha lata. Coma en tódalas actividades do Peixe, non tes que pagar, pero podes facer unha aportación voluntaria para axudar cos custes de material.
A casa do peixe convídavos a participar nela!
Este luns 6 de outubro hai asemblea da casa ás 20:00, e dende hoxe serán todas as semanas.
Valoraremos as actividades que xa se están a realizar de xeito continuado (os martes ás 20:00 calceta; os xoves ás 21:00 pandeireta; os domingos ás 17:00 talla de madeira) e falaremos de novas actividades por vir: talla de pedra, bioconstrucción, obradoiro e saída micolóxica…. se tedes interese por axudar na organización das actividades, tedes algunha dúbida ou idea, ou queredes levar a cabo algun obradoiro, pasádevos os luns ás 20:00 (ou escribide un mail a: csadosar@gmail.com)
As asembleas como todas as actividades na do peixe, son abertas a tod@s
Luns 29, Asemblea do CSA do Sar
Retomamos as asembleas os luns, dende hoxe cada quince días. Vémonos hoxe ás 20.00 no CSA do Sar (Curros Enriquez, nº28), animádevos a vir que hai moitas actividades por organizar!
Mércores 10 de setembro, retomamos as asembleas do CSA do Sar
Despois dun mes de agosto de traballo para reacondicionar o piso de arriba e a hortiña, retomamos as asembleas no CSA do Sar: Mañá mércores 10 ás 20.00h teremos asemblea do centro social. Falarase da “inauguración” do piso de arriba, novas actividades….
Como todo na casa do peixe, as asembleas son abertas a quen queira participar asi que non o dubidedes e pasádevos!
Nova asemblea do PIC, venres 12 no CSA do Sar
Queres saber como funciona o Proxecto e en que consiste a moeda social? achégate e infórmate.
Anímate a participar!
Video da Jam na Horta
E aqui tedes vídeo da actuación do Xenderal actuando na hortiña do CSA do Sar, na Jam Na Horta que @s compañeir@s de Jastas CINTA organizaron fai xa uns meses.
E pronto voltaremos asemblearnos e voltarán novas actividades á casiña do peixe, xa co piso de arriba e a hortiña ben acondicionados, se queredes participar estade atent@s!
Concentración en Aríns pola defensa da familia de Carlos e María
Chegou o mes de setembro, sen ningún tipo de posibilidade de negociar co que é agora “administrativamente” o dono da vivenda desta familia. Novamente a xuíza pode marcar unha terceira data de desafiuzamento sen esperar a que se resolva a denuncia por estafa presentada.
A veciñanza de Aríns concentrarase este venres día 5 de setembro ás 21.00h pedindo sensibilidade xudicial para a familia. Por que é a súa casa a que está en xogo; por que as presións financeiras ás familias propiciaron a aparición de mafias/grupos-de-usureiros/estafadores orbitando en torno ás familias con problemas económicos. María e Carlos chegaron a un deses grupos premidos por unha necesidade imperiosa de cartos para evitar o risco de perder a súa casa, premidos por un banco. E unha débeda de 58.000€ converteuse neste momento nunha reclamación de 150.000€.
Ë importante a presión popular para que antes de ser botados á rúa, o xulgado que está a instruir o seu caso valore a deuncia por estafa.