Asemblea urxente o Luns 12 de maio

Estas semanas apareceron os primeiros problemas serios no centro, por esto e polas posibles consecuencias futuras convocamos a todos os colectivos e persoas que participan na casa, asi como ás persoas que queiran achegarse a botar unha man, a unha asemblea urxente o luns 12 de maio as 20,00h.

Advertisements

Solidariedade co C.S.O. Palavea!

O vindeiro luns 17 de marzo remata o prazo para abandonar o edificio do Centro Social Okupado de Palavea, a partir dese momento poderá ser desaloxado. Ante esta situación dende o C.S.A. do Sar  facemos un chamamento a solidarizarse co espazo liberado acudindo o luns 17 ás 10:00 á porta do C.S.O. a resistir contra o desaloxo!

deixámosvos aqui o comunicado da asemblea do centro social:

“Dende a asamblea do CSO Palavea queremos difundir o seguinte comunicado:

O Xulgado acaba de fixar a data límite para que abandonemos o edificio do Centro Social Okupado de Palavea. O vindeiro luns 17 de marzo a partir das 12 hs a policia nacional poderá desaloxar este espazo liberado que moitos de vos coñecedes.

Dende a asamblea da okupa facemos un chamamento ós rebeldes e solidarios a que veñades a resistir connosco contra os envites do capitalism

o depredador, na súa procura de rematar co noso proxecto autoxestionado en aras da especulación urbanística e dos intereses financeiros dos ricos e poderosos. Por iso chamamos a ACUDIR O LUNS 17 ÁS 10:00 Á PORTA DO C.S.O. PALAVEA A RESISTIR CONTRA O DESALOXO deste o noso (e o voso) espazo liberado.

Para festexar a nosa rebelde desobediencia desenvolveremos dende agora e ata rematar esta fin de semana as Xornadas de Resistencia, con variadas actividades lúdicas, concertos, encontros e palestras. E xusto ao remate das mesmas, na mañá do luns, prantaremos cara xunt@s aos envites da xustiza do capital.
OKUPAMOS E RESISTIMOS

CONTRA O ESTADO E O CAPITAL, LOITA SOCIAL!!!”

xornadas resist. palavea

Curso de iniciación á danza oriental

cartaz danza orientalEste sábado comezamos co curso de iniciación á danza oriental da man de Maika Nalla! impartirase os sábados de 12.00h a 13.00h e será de balde. Pregamos ás persoas asistentes que traiades unha esterilla.

Se queredes máis información podedes contactar no 699040482 ou no enderezo electrónico maikanalla@gmail.com.