Proxección do docu ‘Tesouro de Corcoesto’ e coloquio.

O Martes 9 de Xuño proxectarase o documental ‘Tesouro de Corcoesto‘, seguido de coloquio coa realizadora Cora Peña.

“Cando en 2013 empezamos ter noticias do proxecto de mina de ouro en Corcoesto, en plena Costa da Morte, encendéusenos a luz de alarma. Tratábase dunha explotación a ceo aberto con tratamento de cianuro, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo.

Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de Corcoesto. O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que víu propoñer o actual goberno da Xunta de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro exemplo.

Seguiriamos así a tendencia que se estende pola Europa máis debilitada pola crise de poñer en saldo os recursos e a terra, ao servizo de multinacionais e do sector financeiro internacional. Actualmente, á empresa só lle falta obter o respaldo financeiro necesario para que o goberno galego autorice o inicio da extracción, cunha primeira afectación directa sobre 400 ha de terreos agroforestales. Unha realidade socioeconómica deprimida, polarizada nun SI ou NON á mina. Científicos e ecoloxistas que se opoñen á aprobación ambiental da Xunta, e que unen forzas coas asociacións antimina para presentar batalla legal e concienciar o resto da poboación dos seus perigos. Medios de comunicación que se comportan como voceiros do poder. Paralelismos con proxectos similares en distintos lugares do mundo. Esta é a complexa maraña que temos diante e á que intentaremos botar luz co noso documental, respaldado polo micromecenado de 180 persoas e asociacións.

http://www.corcoesto.com/

Advertisements

Proxección e charla co director do documental “Matavenero: el Pueblo Arco Iris”

mataveneroProxectarase o Venres 20 de Febreiro ás 22:00 no C.S.A. do SAR coa presenza do director, Pablo Alonso González.

Entrada gratuita con doazón voluntaria (para xs creadorxs do traballo)

Resumo:
A tese do eterno retorno atopa na localidade leonesa de Matavenero unha expresión única. Mentres os habitantes da zona abandoaron os seus pobos ao longo do século XX para emigrar a países do desenvolvido norte europeo, outr*s escapaban dese desenvolvimento para volver ás raíces e ao contacto coa natureza.

Así, Matavenero, un pobo abandoado, voltou á vida nos anos 80, vendo nacer unha nova comunidade interracial ou arcoiris onde “todos cabían”. Esta renovada vida expresábase metafóricamente na gran cantidade de nascementos no pobo e na xestión ecolóxica e ordeada dun pobo que atraeu visitantes e habitantes de tódolos tipos e nacionalidades: xubilados, urbanitas, hippies, bohemi*s e punks. Sen embargo, a comunidade nomntardou en afrontar diversos problemas que levarían á súa fragmentación e a unha perda do seu espírito, orixinalidade e vitalidade iniciais.

Matavenero: el Pueblo Arco Iris

  • Guión, dirección idea orixinal: Pablo Alonso González
  • Ayudante de dirección y director de fotografía: Luca Icarnati
  • Sonido: Johan Scharpfe
  • Montaje y postproducción: Luca Incarnati
  • Productor ejecutivo: Luis Miguel Alonso Guadalupe
  • Asesor de producción: Francisco Jiménez
  • Duración 49′

Trailer: