“O Ouro de Salave: Minaría, especulación e resistencias”, documental e coloquio sobre megaminaría

o ouro de salave- cartaz bnO sábado 29 de marzo teremos ás 19.30 visionado do documental “O ouro de Salave” e coloquio sobre megaminaría co compañeiro Charlie “Patillas”, da plataforma ‘Oro No’ de Asturies.
Esta actividade está coorganizada por: Gentalha do Pichel, Adega e C.S.A. do Sar.

Este documental, de José Alberto Álvarez, visualiza parte das cuestións tratadas no libro homónimo no que se analiza a chegada da febre do ouro por parte de multinacionais a espazos como Asturies ou outros territorios e a necesidade de resistir e oporse a eses proxectos que constituem unha ameaza para a Tapia de Casariego en particular e o resto de espazos ameazados por proxectos similares en xeral.

Posteriormente haberá unha charla-coloquio onde poderemos intercambiar opinións sobre os procesos similares que estamos a vivir en Asturies e na Galiza

A Plataforma ‘Oro no’ loita contra a apertura dunha devastadora mina de ouro na vila de Salave por parte da empresa Asturgol. reivindican o dereito a contiuar a vivir da pesca, da gandeiría e a conservar o patrimonio natural e paisaxístico. A mina de ouro destruiría todo iso.

Advertisements