Proxección do docu ‘Tesouro de Corcoesto’ e coloquio.

O Martes 9 de Xuño proxectarase o documental ‘Tesouro de Corcoesto‘, seguido de coloquio coa realizadora Cora Peña.

“Cando en 2013 empezamos ter noticias do proxecto de mina de ouro en Corcoesto, en plena Costa da Morte, encendéusenos a luz de alarma. Tratábase dunha explotación a ceo aberto con tratamento de cianuro, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo.

Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de Corcoesto. O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que víu propoñer o actual goberno da Xunta de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro exemplo.

Seguiriamos así a tendencia que se estende pola Europa máis debilitada pola crise de poñer en saldo os recursos e a terra, ao servizo de multinacionais e do sector financeiro internacional. Actualmente, á empresa só lle falta obter o respaldo financeiro necesario para que o goberno galego autorice o inicio da extracción, cunha primeira afectación directa sobre 400 ha de terreos agroforestales. Unha realidade socioeconómica deprimida, polarizada nun SI ou NON á mina. Científicos e ecoloxistas que se opoñen á aprobación ambiental da Xunta, e que unen forzas coas asociacións antimina para presentar batalla legal e concienciar o resto da poboación dos seus perigos. Medios de comunicación que se comportan como voceiros do poder. Paralelismos con proxectos similares en distintos lugares do mundo. Esta é a complexa maraña que temos diante e á que intentaremos botar luz co noso documental, respaldado polo micromecenado de 180 persoas e asociacións.

http://www.corcoesto.com/

Advertisements

“O Ouro de Salave: Minaría, especulación e resistencias”, documental e coloquio sobre megaminaría

o ouro de salave- cartaz bnO sábado 29 de marzo teremos ás 19.30 visionado do documental “O ouro de Salave” e coloquio sobre megaminaría co compañeiro Charlie “Patillas”, da plataforma ‘Oro No’ de Asturies.
Esta actividade está coorganizada por: Gentalha do Pichel, Adega e C.S.A. do Sar.

Este documental, de José Alberto Álvarez, visualiza parte das cuestións tratadas no libro homónimo no que se analiza a chegada da febre do ouro por parte de multinacionais a espazos como Asturies ou outros territorios e a necesidade de resistir e oporse a eses proxectos que constituem unha ameaza para a Tapia de Casariego en particular e o resto de espazos ameazados por proxectos similares en xeral.

Posteriormente haberá unha charla-coloquio onde poderemos intercambiar opinións sobre os procesos similares que estamos a vivir en Asturies e na Galiza

A Plataforma ‘Oro no’ loita contra a apertura dunha devastadora mina de ouro na vila de Salave por parte da empresa Asturgol. reivindican o dereito a contiuar a vivir da pesca, da gandeiría e a conservar o patrimonio natural e paisaxístico. A mina de ouro destruiría todo iso.