Xornadas de micoloxía do C.S.A. do Sar

Aqui tedes unhas fotos do obradoiro e mais a saída das Xornadas micolóxicas

I Xornadas Micolóxicas no CSA do Sar

mico

Este mércores comezamos coas Xornadas Micolóxicas no Sar! Teremos o curso de iniciación á micoloxía o mércores 29 de Outubro e o venres 31, de 20.30h a 22.00h, e seguiremos o sábado coa saída micolóxica dende o Centro Social ás 11.00h: non olvidedes traer cesta, navalla e comida!

Comerase no monte e á volta, ás 18.30h, voltarase ao CSA para limpar e cociñar os cogumelos e facer magosto!