Aqui tedes as actividades do Centro Social Autoxestionado do Sar paraeste mes de novembro! todas de baldes e non requiren de inscripción previa.
pandeireta
Fotos do obradoiro de pandeireta e canto tradicional
Novo colectivo do CSA e novas actividades!
Queremos dar a benvida á Xuntanza Antiprohibicionista como novo colectivo da casa!
Estas semanas estamos que non paramos con novas actividades e temos que actualizar constantemente a información, así que á espera de editar novo cartaz, ahí vos quedan as actividades permanentes no CSA do Sar (todas de balde e sen necesidade de inscripción, achegádevos sen máis ás horas marcadas):
Luns ás 20:00: Asemblea do CSA do Sar
Martes ás 20:00: Calceta / Asemblea do CEL Compostela
Mércores ás 20:00: Bioconstrucción
Xoves de 16:00 a 18:00: Iniciación a guitarra
Xoves ás 20:00: Intercambio do Proxecto Integral Compostela – PIC
Xoves ás 21:30: Pandeireta e Canto tradicional
Domingo ás 17:00: Talla de madeira
Tamén está a conformarse o Grupo de Estudo da Memoria do Barrio do Sar (para máis información mandade un mail a: csadosar@gmail.com).
A maiores teremos a iniciación á micoloxía o mércores 29 e venres 3, de 20:30 a 22:00h, e saída micolóxica o 1 de novembro (saída do CSA ás 11:00) e magosto e degustación do colleitado a partir das 18:30.
Estamos a preparar tamén unhas xornadas de bioconstrucción para os días 8 e 9 de novembro, e temos por confirmar as seguintes actividades : café de idiomas de lingua de signos, reparación de bicicletas, edición de son, plantas mediciñais,
Achegádevos á asemblea e participade!
A casa do peixe convídavos a participar nela!
Este luns 6 de outubro hai asemblea da casa ás 20:00, e dende hoxe serán todas as semanas.
Valoraremos as actividades que xa se están a realizar de xeito continuado (os martes ás 20:00 calceta; os xoves ás 21:00 pandeireta; os domingos ás 17:00 talla de madeira) e falaremos de novas actividades por vir: talla de pedra, bioconstrucción, obradoiro e saída micolóxica…. se tedes interese por axudar na organización das actividades, tedes algunha dúbida ou idea, ou queredes levar a cabo algun obradoiro, pasádevos os luns ás 20:00 (ou escribide un mail a: csadosar@gmail.com)
As asembleas como todas as actividades na do peixe, son abertas a tod@s