Concentración Stop Desahucios Compostela: Polo dereito aos servizos básicos

polo dereito aos svzos basicos

Stop Desahucios Santiago de Compostela convoca unha protesta o día 20 xoves ás 11 da mañá fronte ao Concello de Ames, contra a súa nefasta xestión e, en particular, a concellería de Asuntos Sociais.
A orixe da protesta é o corte de subministro de auga que se realizou a pasada semana a varias familias. Cada vez que existen impagos de tres recibos, a empresa concesionaria (Espina y delfin) remite nota ao Concello e o Concello nunca contesta, de modo que cada tres meses “Espina y delfín” procede aos cortes por silencio da concellería de Asuntos Sociais.

Dende o noso punto de vista, a concellería debería levar rexistro de cales son os casos de familias con dificultades económicas extremas e proceder a condonar o recibo de auga, toda vez que non realiza outras axudas de tipo económico.

Stop Desahucios acudíu o pasado venres a xestionar a reposición de auga a unha veciña de Milladoiro con menor ao seu cargo e que está desasistida totalmente por Asuntos Sociais. Dita oficina sabía que ían cortarlle o auga, pois así llo anunciaran, mais non fixeron nada por impedilo.
Activistas de Stop Desahucios, dirixíronse entón á empresa concesionaria a cal accedeu a conceder unha prórroga para o pago dos recibos e restableceu o subministro de auga a media tarde

Dende Stop Desahucios queremos denunciar a actitude de prepotencia e irresponsabilidade da concellería en cuestión, pois non só nos recibíu nun corredor, senon que se desentendeu totalmente do problema, aduciendo que non era da súa competencia.

Sairán carros de Santiago ás 10.30h dende o CSA do Sar (r/Curros Enriquez, nº28)