Este venres 12 de setembro o CSA do Sar acollerá unha nova asemblea do Proxecto Integral Compostela ás 21h.
O PIC é un proxecto asembleario e aberto que busca poder producir e mercar todo o que fai falta para as nosas vidas – alimentación, vestiario, vivenda, saúde, educación, servizos, tecnoloxía, … – dun xeito ético, local, autoxestionado e informado.
Conta para isto, entre outras cousas, cun grupo de consumo e unha moeda social propia,
Queres saber como funciona o Proxecto e en que consiste a moeda social? achégate e infórmate.
Anímate a participar!