O Xoves 26 de Febreiro folga estudantil. Manifestación ás 11:30 dende a Alameda

Dende o C.S.A. do Sar apoiamos a folga estudantil na defensa dunha educación para todas e contrafolga a privatización do ensino.

“Estudantes de Compostela! Estades chamados a formar parte da manifestación que marcará un punto de inflexión da situación do noso ensino.

Estamos fartas xa de reformas que só poñen trabas ó acceso ó ensino, da desgaleguización que sufren as nosas xeracións por culpa das políticas educativas, da entrada de empresas nos nosos institutos e facultades.

Ante esta situación a resposta é clara: resistencia, unidade e loita!

Ás 11:30h na Alameda o día 26! ‪#‎Folga26F‬