Concurso de Deseño

O CSA do SAR convoca un concurso de deseño para logos, camisolas e chapas. Buscamos xente creativa coma tí!

Envía as túas propostas en formato .pdf e tamaño A3 a csadosar@gmail.com. As propostas recibidas vanse a expoñer o día da festa de aniversario da casa do peixe, onde se votarán as tres mellores, que serán os modelos escollidos para facer todas as chapas, camisolas e logos do ano que ven. Tendes ate o 4 de Decembro para enviarnos un deseño orixinal! Animádevos a participar!

cartaz desenho1

 

Advertisement

Presentación do Libro “La traducción de la anarquía”

O próximo mércores 4 de Febreiro ás 20h da tarde contaremos con Mark Brey, o autor do libro “La traducción de la anarquía. El anarquismo en Occupy Wall Street” para facer a súa presentación. O libro parte de casi dúascentas entrevistas que o autor realiza a participantes de Occupy Wall Street, para exponher o estudo deste movemiento popular analizando a súa motivación, contradiccións, tácticas, proxección…no contexto do ámbito antagonista norteamericano.

presentacion

I Xornada de Fotografía

Este sábado ás 16h teremos un obradoiro de cámaras estenopeicas, ou a arte de facer fotografías con unha caixa e un furado. Imos precisar: caixas de cartón, tesoiras, cinta illante da mítica e unha lata. Coma en tódalas actividades do Peixe, non tes que pagar, pero podes facer unha aportación voluntaria para axudar cos custes de material.

Cartaz foto imprimir

Xornadas Antirrepresivas: Tecendo Solidariedade

stopEste sábado 13 no CSA do Sar acolleremos as “Xornadas Antirrepresivas: tecendo solidariedade” que organizan conxuntamente as compañeiras de Stop Desahucios Santiago de Compostela e do C.S.O. Palavea da Coruña. As xornadas desenvolveranse no C.S.O.A. Escárnio e Maldizer (rúa algalia de arriba 11, Compostela) e no C.S.A. do Sar (rúa curros enríquez 28, Compostela). Os cartos que se recaden irán destinados a axudar a asumir as multas que veñen de sufrir as activistas de Palavea a raíz do seu desaloxo e facer un peto de resistencia ante posibles multas para Stop Desahucios a raiz do desafiuzamento de Aríns. non faltedes!

1ª Festa Aniversario da constitución do Sar!!

xcartelsar

Como non podía ser menos, este sábado 6 de decembro estamos de celebración: cúmprese un ano da constitución do CSA do Sar!!

Sacade o español que levades dentro e acudide coas vosas mellores galas: non veñades a mancillar a Marca España!

Ás 18:00 faremos unha proxección con fotos e vídeos das actividades feitas ao longo do ano, e ás 20:00 ceador e comezo da festa, amenizada co Dj Botín e moitas máis sorpresas!

Casa do Sar unha, e non 51!!

Concentración Stop Desahucios Compostela: Polo dereito aos servizos básicos

polo dereito aos svzos basicos

Stop Desahucios Santiago de Compostela convoca unha protesta o día 20 xoves ás 11 da mañá fronte ao Concello de Ames, contra a súa nefasta xestión e, en particular, a concellería de Asuntos Sociais.
A orixe da protesta é o corte de subministro de auga que se realizou a pasada semana a varias familias. Cada vez que existen impagos de tres recibos, a empresa concesionaria (Espina y delfin) remite nota ao Concello e o Concello nunca contesta, de modo que cada tres meses “Espina y delfín” procede aos cortes por silencio da concellería de Asuntos Sociais.

Dende o noso punto de vista, a concellería debería levar rexistro de cales son os casos de familias con dificultades económicas extremas e proceder a condonar o recibo de auga, toda vez que non realiza outras axudas de tipo económico.

Stop Desahucios acudíu o pasado venres a xestionar a reposición de auga a unha veciña de Milladoiro con menor ao seu cargo e que está desasistida totalmente por Asuntos Sociais. Dita oficina sabía que ían cortarlle o auga, pois así llo anunciaran, mais non fixeron nada por impedilo.
Activistas de Stop Desahucios, dirixíronse entón á empresa concesionaria a cal accedeu a conceder unha prórroga para o pago dos recibos e restableceu o subministro de auga a media tarde

Dende Stop Desahucios queremos denunciar a actitude de prepotencia e irresponsabilidade da concellería en cuestión, pois non só nos recibíu nun corredor, senon que se desentendeu totalmente do problema, aduciendo que non era da súa competencia.

Sairán carros de Santiago ás 10.30h dende o CSA do Sar (r/Curros Enriquez, nº28)