Xornadas Antirrepresivas: Tecendo Solidariedade

stopEste sábado 13 no CSA do Sar acolleremos as “Xornadas Antirrepresivas: tecendo solidariedade” que organizan conxuntamente as compañeiras de Stop Desahucios Santiago de Compostela e do C.S.O. Palavea da Coruña. As xornadas desenvolveranse no C.S.O.A. Escárnio e Maldizer (rúa algalia de arriba 11, Compostela) e no C.S.A. do Sar (rúa curros enríquez 28, Compostela). Os cartos que se recaden irán destinados a axudar a asumir as multas que veñen de sufrir as activistas de Palavea a raíz do seu desaloxo e facer un peto de resistencia ante posibles multas para Stop Desahucios a raiz do desafiuzamento de Aríns. non faltedes!

Atividades no novo CSO Escárnio e maldizer!

As atividades de hoje no novo CSO Escárnio e maldizer (rúa Algalia de Riba nº11, Compostela) son:
– Às 17h mesa com os meios de informaçom alternativa Novas da Galiza, Revista Abordaxe e Rádio Kalimera
– Às 20:30h Assembleaia Aberta
– Às 22:00h projeçom de filme mais petiscos

Acude e difunde! Fagamos deste novo espaço um espaço de todas!!

 

10169390_644868862246539_368555368_n

Solidariedade co C.S.O. Palavea!

O vindeiro luns 17 de marzo remata o prazo para abandonar o edificio do Centro Social Okupado de Palavea, a partir dese momento poderá ser desaloxado. Ante esta situación dende o C.S.A. do Sar  facemos un chamamento a solidarizarse co espazo liberado acudindo o luns 17 ás 10:00 á porta do C.S.O. a resistir contra o desaloxo!

deixámosvos aqui o comunicado da asemblea do centro social:

“Dende a asamblea do CSO Palavea queremos difundir o seguinte comunicado:

O Xulgado acaba de fixar a data límite para que abandonemos o edificio do Centro Social Okupado de Palavea. O vindeiro luns 17 de marzo a partir das 12 hs a policia nacional poderá desaloxar este espazo liberado que moitos de vos coñecedes.

Dende a asamblea da okupa facemos un chamamento ós rebeldes e solidarios a que veñades a resistir connosco contra os envites do capitalism

o depredador, na súa procura de rematar co noso proxecto autoxestionado en aras da especulación urbanística e dos intereses financeiros dos ricos e poderosos. Por iso chamamos a ACUDIR O LUNS 17 ÁS 10:00 Á PORTA DO C.S.O. PALAVEA A RESISTIR CONTRA O DESALOXO deste o noso (e o voso) espazo liberado.

Para festexar a nosa rebelde desobediencia desenvolveremos dende agora e ata rematar esta fin de semana as Xornadas de Resistencia, con variadas actividades lúdicas, concertos, encontros e palestras. E xusto ao remate das mesmas, na mañá do luns, prantaremos cara xunt@s aos envites da xustiza do capital.
OKUPAMOS E RESISTIMOS

CONTRA O ESTADO E O CAPITAL, LOITA SOCIAL!!!”

xornadas resist. palavea