Presentación do Libro “La traducción de la anarquía”

O próximo mércores 4 de Febreiro ás 20h da tarde contaremos con Mark Brey, o autor do libro “La traducción de la anarquía. El anarquismo en Occupy Wall Street” para facer a súa presentación. O libro parte de casi dúascentas entrevistas que o autor realiza a participantes de Occupy Wall Street, para exponher o estudo deste movemiento popular analizando a súa motivación, contradiccións, tácticas, proxección…no contexto do ámbito antagonista norteamericano.

presentacion

I Xornada de Fotografía

Este sábado ás 16h teremos un obradoiro de cámaras estenopeicas, ou a arte de facer fotografías con unha caixa e un furado. Imos precisar: caixas de cartón, tesoiras, cinta illante da mítica e unha lata. Coma en tódalas actividades do Peixe, non tes que pagar, pero podes facer unha aportación voluntaria para axudar cos custes de material.

Cartaz foto imprimir

Xornadas Antirrepresivas: Tecendo Solidariedade

stopEste sábado 13 no CSA do Sar acolleremos as “Xornadas Antirrepresivas: tecendo solidariedade” que organizan conxuntamente as compañeiras de Stop Desahucios Santiago de Compostela e do C.S.O. Palavea da Coruña. As xornadas desenvolveranse no C.S.O.A. Escárnio e Maldizer (rúa algalia de arriba 11, Compostela) e no C.S.A. do Sar (rúa curros enríquez 28, Compostela). Os cartos que se recaden irán destinados a axudar a asumir as multas que veñen de sufrir as activistas de Palavea a raíz do seu desaloxo e facer un peto de resistencia ante posibles multas para Stop Desahucios a raiz do desafiuzamento de Aríns. non faltedes!

Actividades permanentes en novembro no CSA do Sar

sar

Aqui tedes as actividades do Centro Social Autoxestionado do Sar paraeste mes de novembro! todas de baldes e non requiren de inscripción previa.

1as Xornadas de bioconstrucción e autoconstrucción no C.S.A. do Sar!

Esta semana teresmo as primeiras Xornadas de bioconstrucción e autoconstrucción no Centro Social Autoxestionado do Sar. Comezaremos o venres 7 ás 20.00 coa introducción á bioconstrucción e á autoconstrucción, e ás 21.00 co filme “O Guerreiro da basura”. Seguiremos o sábado 8 ás 11:30 coa aula de sistema materiais: o cal e a madeira; e ás 16.30 coas prácticas: facer un banco e revocar unha parede

vémonos na do peixe!

1658267_367860813377131_6684523638899942957_o