O Xoves 26 de Febreiro folga estudantil. Manifestación ás 11:30 dende a Alameda

Dende o C.S.A. do Sar apoiamos a folga estudantil na defensa dunha educación para todas e contrafolga a privatización do ensino.

“Estudantes de Compostela! Estades chamados a formar parte da manifestación que marcará un punto de inflexión da situación do noso ensino.

Estamos fartas xa de reformas que só poñen trabas ó acceso ó ensino, da desgaleguización que sufren as nosas xeracións por culpa das políticas educativas, da entrada de empresas nos nosos institutos e facultades.

Ante esta situación a resposta é clara: resistencia, unidade e loita!

Ás 11:30h na Alameda o día 26! ‪#‎Folga26F‬

Sábado 28, concertos solidarios no C.S.A. do Sar para acondicionar o local de música!

Este Sábado dia 28 de Febreiro concerto solidario do C.S.A. do Sar de Compostela. Os cartos recadados irán para acondicionar o local de música do Centro Social.

  • 13:00 Dreadlockers; Reggae, Roots & Rocksteady
  • 15:00 Xantar popular
  • 16:30 Java Army; Pinchada Reggae, Jam Session e mais…
  • 19:00 Balbordo público

concerto solidario

Xornada antirrepresiva no CSOA Escárnio e Maldizer en solidariedade co Caso Pandora

Este mércores, 25 de febreiro o Csoa Escarnio E Maldizer acolle outra xornada antirrepresiva. Dará comezo ás 20:00 e constará de:

– Charla sobre a represión en Italia.
– Concerto de Sud Disorder (hxc – Italia) e Balbordo Público (afropunk – Compostela)

escarnio2