Xornadas Antirrepresivas: Tecendo Solidariedade

stopEste sábado 13 no CSA do Sar acolleremos as “Xornadas Antirrepresivas: tecendo solidariedade” que organizan conxuntamente as compañeiras de Stop Desahucios Santiago de Compostela e do C.S.O. Palavea da Coruña. As xornadas desenvolveranse no C.S.O.A. Escárnio e Maldizer (rúa algalia de arriba 11, Compostela) e no C.S.A. do Sar (rúa curros enríquez 28, Compostela). Os cartos que se recaden irán destinados a axudar a asumir as multas que veñen de sufrir as activistas de Palavea a raíz do seu desaloxo e facer un peto de resistencia ante posibles multas para Stop Desahucios a raiz do desafiuzamento de Aríns. non faltedes!

Paremos o desafiuzamento da familia de María e Carlos! polo dereito á vivenda!

[STOP DESAHUCIOS COMPSOTELA] CARTAZ REDES CARLOS E MARÍAConfirmáronnos que denegaron no Xulgado de Compostela o recurso da familia de Aríns estafada por un prestamista. Polo tanto este VENRES 19 tocará enfrontármonos por vez terceira ao desafiuzamento desta familia compostelá. Eles (xulgados e Policía) tentarán que sexa o definitivo. Nós sabemos que a solidariedade e a loita poden impedir que sexa así.

A resistencia pacífica das persoas é o único xeito que temos de rematar coas inxustizas e a falta de sensibilidade xudicial e das políticas que deixan a xente sen casas e as casas sen xente

Este venres 19 ás 07.30h sairá unha caravana de carros dende o CSA do Sar (Curros Enriquez nº28, Compostela) cara Vilacova, este desaloxo ímolo parar!

Para acompañar á familia na noite anterior, o xoves algunhas persoas pasarán a noite en Arins. Se queredes e podedes ir sairase ás 23:15 da rua San Clemente, 32 ou podedes achegarvos por libre. Levade saco de durmir

Unha vez máis, paremos o desafiuzamento de Carlos e María!

Stop Desahucios Compostela convoca para este luns 28 ás 8.00 h unha concentración en apoio á familia de Carlos e María que teñen orde de lanzamento para ese día

sairán carros ás 7.30 dende o CSA do Sar (rúa Curros Enriquez, nº 28, Compostela)

Vémonos en Vilacova nº10, Arins, santiago de compostela

Nin un desafiuzamento mais!!

 

cartel

Solidariedade co C.S.O. Palavea!

O vindeiro luns 17 de marzo remata o prazo para abandonar o edificio do Centro Social Okupado de Palavea, a partir dese momento poderá ser desaloxado. Ante esta situación dende o C.S.A. do Sar  facemos un chamamento a solidarizarse co espazo liberado acudindo o luns 17 ás 10:00 á porta do C.S.O. a resistir contra o desaloxo!

deixámosvos aqui o comunicado da asemblea do centro social:

“Dende a asamblea do CSO Palavea queremos difundir o seguinte comunicado:

O Xulgado acaba de fixar a data límite para que abandonemos o edificio do Centro Social Okupado de Palavea. O vindeiro luns 17 de marzo a partir das 12 hs a policia nacional poderá desaloxar este espazo liberado que moitos de vos coñecedes.

Dende a asamblea da okupa facemos un chamamento ós rebeldes e solidarios a que veñades a resistir connosco contra os envites do capitalism

o depredador, na súa procura de rematar co noso proxecto autoxestionado en aras da especulación urbanística e dos intereses financeiros dos ricos e poderosos. Por iso chamamos a ACUDIR O LUNS 17 ÁS 10:00 Á PORTA DO C.S.O. PALAVEA A RESISTIR CONTRA O DESALOXO deste o noso (e o voso) espazo liberado.

Para festexar a nosa rebelde desobediencia desenvolveremos dende agora e ata rematar esta fin de semana as Xornadas de Resistencia, con variadas actividades lúdicas, concertos, encontros e palestras. E xusto ao remate das mesmas, na mañá do luns, prantaremos cara xunt@s aos envites da xustiza do capital.
OKUPAMOS E RESISTIMOS

CONTRA O ESTADO E O CAPITAL, LOITA SOCIAL!!!”

xornadas resist. palavea