I Xornadas Micolóxicas no CSA do Sar

mico

Este mércores comezamos coas Xornadas Micolóxicas no Sar! Teremos o curso de iniciación á micoloxía o mércores 29 de Outubro e o venres 31, de 20.30h a 22.00h, e seguiremos o sábado coa saída micolóxica dende o Centro Social ás 11.00h: non olvidedes traer cesta, navalla e comida!

Comerase no monte e á volta, ás 18.30h, voltarase ao CSA para limpar e cociñar os cogumelos e facer magosto!

Este Sábado 25, Magosto Solidario de Stop Desafiuzamentos Compostela, no CSA do Sar!

MAGOSTO SOLIDARIO STOPEste Sábado 25, Stop Desafiuzamentos Compostela celebraremos o Magosto Solidario no CSA do Sar!! Comezaremos ás 17.00 e ao longo da tarde troulearemos coa foliada e as castañas na hortiña do centro social. A partir das 21.00h teremos Timba Poétika e micro aberto e petiscos . Estades tod@s convidad@s!!

Este magosto dará comezo a unha campaña que procurará por unha banda conseguir financiar os gastos derivados da actividade de Stop Desafiuzamentos así como facer un peto para asumir posibles multas polo desafiuzamento de Aríns o pasado 19 de Setembro.
Stop Desafiuzamentos non recibe nin acepta axudas de entidades alleas e por iso autofinanciámonos coas aportacións das persoas activistas e as solidarias.

Por outro lado, a campaña pretende romper co silencio mediático que se está a facer co problema da vivenda: lonxe da mensaxe que se quere transmitir dende as institucións, son moitas as persoas que seguen a ser botadas das súas casas por banca e demais estafadores, coa conivencia das institucións.

Esta campaña seguirá cun concerto n’ A Gentalha do Pichel, o día 14 de novembro, e máis unha charla e sesión vermú no C.S.O.A. Escárnio e Maldizer o 13 de decembro. Tamén se están a organizar varias charlas informativas. Iremos informando destas actividades a medida que as vaiamos confirmando. Estade atent@s!

Actividades do CSA do Sar


actividades sar 2014

Este é o último cartaz de actividades do Centro Social Autoxestionado do Sar. Están tanto as que se prolongarán no tempo como as actividades especiais dun día ou finde semana. Estas terán tamén a súa propia difusión. Quedan algunhas actividades no aire por estar pendientes de confirmar, pero xa vos iremos informando.

Se queredes descarregar o arquivo para imprimir e axudarnos na distribución, é no seguinte link:

https://www.dropbox.com/s/9s6mk8whxa3uelg/actividades%20sar%202014.pdf?dl=0

Novo colectivo do CSA e novas actividades!

Queremos dar a benvida á Xuntanza Antiprohibicionista como novo colectivo da casa!
Estas semanas estamos que non paramos con novas actividades e temos que actualizar constantemente a información, así que á espera de editar novo cartaz, ahí vos quedan as actividades permanentes no CSA do Sar (todas de balde e sen necesidade de inscripción, achegádevos sen máis ás horas marcadas):

Luns ás 20:00: Asemblea do CSA do Sar
Martes ás 20:00: Calceta / Asemblea do CEL Compostela
Mércores ás 20:00: Bioconstrucción
Xoves de 16:00 a 18:00: Iniciación a guitarra
Xoves ás 20:00: Intercambio do Proxecto Integral Compostela – PIC
Xoves ás 21:30: Pandeireta e Canto tradicional
Domingo ás 17:00: Talla de madeira

Tamén está a conformarse o Grupo de Estudo da Memoria do Barrio do Sar (para máis información mandade un mail a: csadosar@gmail.com).

A maiores teremos a iniciación á micoloxía o mércores 29 e venres 3, de 20:30 a 22:00h, e saída micolóxica o 1 de novembro (saída do CSA ás 11:00) e magosto e degustación do colleitado a partir das 18:30.

Estamos a preparar tamén unhas xornadas de bioconstrucción para os días 8 e 9 de novembro, e temos por confirmar as seguintes actividades : café de idiomas de lingua de signos, reparación de bicicletas, edición de son, plantas mediciñais,

Achegádevos á asemblea e participade!

O PIC, na Festa Aniversario do Mercado Entre Lusco e Fusco

1622287_343413392504628_2253612845878053700_o

Mañá martes 14, o Proxecto Integral Compostela – PIC estará na Festa Aniversario do Mercado entre lusco e fusco (parque de Belvís), cunha mesa informativa ademáis de ofertar os seus produtos en moeda social.
Deixámosvos aquí o programa enteiro do 4º aniversario do Lusco e Fusco e parabéns @s compañeir@s!

“Martes 14 de outubro, no parque de Belvís de 17 a 22 h
A MAIORES DOS NOSOS POSTOS HABITUAIS DE PRODUCTO DE HORTA, ELABORADOS, COMERCIO XUSTO E ARTESANÍAS… CONTAREMOS CON:

OBRADOIROS
– Fabricación bolas malabares e demostración. A partir das 5:30pm. Con Ethan
– Danza Africana. A partir das 6:30pm. Con Lali e percusión en directo.

ACTIVIDADES
– Encontro As Outras Educacións, Experiencias da Escola Semente de Compostela, por Sechu Sende, (profesor). EscolA Unitaria do Saltiño de Boiro por, Susana Couso (mestra), membro de Nova Escoola Galega e Experiencia Educativa inspirada na Pedagoxía Waldorf por Eva Fernández(mestra). Moderadores Angel S. Martínez de GongG, per la Defensa dels Drets Humans i dels Pobles. As 7:00pm no CIAC (Centro de Interpretacion de Compostela). En caso de chuvia, senon será no mercado.
– “Intercambio” en “Landras”, moeda social en Compostela. PIC (proxecto integral compostela).

ACTUACIONS, A partir das 8:30pm.
– Foliada.
– Escola Prucupá, escomenzando un novo ano.
– Maureen Kinnear, acompañada da súa guitarra.

Para acompañar a boa música podes consumir na Taberna – degustación cos nosos produtos. Esperamoste !!”

A casa do peixe convídavos a participar nela!

Este luns 6 de outubro hai asemblea da casa ás 20:00, e dende hoxe serán todas as semanas.

Valoraremos as actividades que xa se están a realizar de xeito continuado (os martes ás 20:00 calceta; os xoves ás 21:00 pandeireta; os domingos ás 17:00 talla de madeira) e falaremos de novas actividades por vir: talla de pedra, bioconstrucción, obradoiro e saída micolóxica…. se tedes interese por axudar na organización das actividades, tedes algunha dúbida ou idea, ou queredes  levar a cabo algun obradoiro, pasádevos os luns ás 20:00 (ou escribide un mail a: csadosar@gmail.com)

As asembleas como todas as actividades na do peixe, son abertas a tod@s

 

Manifestación por unha educación de calidade

Cartel 1

@s alumn@s do IES de Sar convocan para hoxe xoves 2 de outubro concentración na praza do obradoiro ás 17h por unha educación de calidade. Piden colaboración cidadá, así que se podedes acudide e difundide: “hoxe somos nós, pero mañá podes ser ti ou os teus fillos”