Entroido 2016

O turistren do entruido saiu a visitar as afamadas rúas de Compostela! Xa podía troar e zoupar o vento que os ánimos estaban caldeados para facer turismo e de paso liberar unhas cantas monxas mercedarias, sen olvidarnos de enterrar este novo meco que temos. Os Centros Sociais voltaron a animar o subsolo da cidade, poñendo boa cumbia, lume a fartar, e como non podia ser menos, un ave de cercanías: o Turistren!

Veliván unhas poucos fotos para rememorar o convite. Dende o Peixe, como somos algo nostálxicos, metemos un par de fotos do entroido do 2015. A ver se sabedes cales son!

Fotos da Festa Pirata organizada pola revista Abordaxe

Aquí temos algunhas fotiños da festaza organizada polxs compas da Abordaxe. Fáltannos das actividades de pola mañá, entre outras de Malfoliadas e Gelsomina Menounquatro, así que se tes fotos envíanolas a csadosar@gmail.com.